Centro

miércoles, 7 de junio de 2017

Celebramos o Día do Medio Ambiente: Antón Avilés de Taramancos

O 23 de marzo cumpríronse vinte e cinco anos do falecemento do poeta Xosé Antón Vinagre, máis coñecido coma Antón Avilés de Taramancos. Hoxe querémolo lembrar cun poema que pertence ao libro Cantos Caucanos, a súa homenaxe a Colombia, terra á que emigrou en 1961 e na que residiu ata a súa volta a Galicia en 1980.

Chachauí

Ter unha casa en Chachauí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachauí
e ver no fondo do precipicio o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.


Ter unha casa en Chachauí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o miar estremecedor do puma negro.


Ter unha casa en Chachauí,
esqucerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.


Ter unha casa en Chachauí.


Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.
Pero as estrelas son máis grandes.


Ter unha casa en Chachauí
Antón Aviles de Taramancos, Cantos caucuanos


                       
En Son de poetas atoparás a fermosa versión musical deste poema que realizou Rodrigo Romaní.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.