Centro

viernes, 28 de abril de 2017

Marzo de poesía... en abril tamén: un poema de Eduardo Pondal

O pasado 8 de marzo cumpríronse cen anos do falecemento do poeta Eduardo Pondal. Queremos lembralo hoxe cun poema sobre a súa terra natal.

 
Eu nacín en agreste soedade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro,
p'ronde o Anllóns, con nobre maxestade,
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade,
mas lonxe do seu ruído lisonxeiro:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Uns naceno na máxica Granada,
outros naceno en Málaga famosa,
os outros en Sevilla nomeada,
os outros en Valencia deleitosa;
uns na garrida Cádiz, ben soada,
en Barcelona os outros, populosa:
eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso.
Amabre Ponte-Ceso, anque pequena,
agreste certamente, mas garrida,
cando deixar a mundanal faena
teu bardo e for pasado desta vida,
non t'esquezas de quen, con faz serena,
dixo a toda ciudade fementida:
"Eu nacín cabo de pinal espeso,
eu nacín na pequena Ponte-Ceso".
Eduardo Pondal

Para saber máis:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.