Centro

viernes, 5 de febrero de 2016

O Entroido: unha viaxe no tempo


Ricardo Polín recolle no seu libro Álbum de Galiza (estampas da nosa tribo) un interesante texto sobre o Entroido publicado polo Fidalgo de Monterrey, seudónimo de José Alonso Obregón, na súa obra Na miña aldea (1928). 

Quince días antes do entroido xa os rapaces non durmían soñando co entroido; i algún había tan louco polo entroido que ala pola alta noite saía á solaina berrando: ¡¡ Eí ven o entroido!! (...)

Así que sintían as chocas aformigábaselles a sangre nos corpos e todos a unha botaban a correr a carón donde ias sintían: ó ve-los piliqueiros, insultábanos e currían diante deles astra que se cansasen ou os piliqueiros lles disen unha zamarrada ou pilicada. (...)

E como niste mundo todo se acaba, no martes ó escurecer acabouse o antroido. ¡Era de ver que caras máis tristes puñan os mozos por ver marcha-lo entroido! Eu creo que se algún tiña a cara alegre era pensando no entroido que había de vir.

Malia o paso dos anos o Entroido sobrevive e aí están os peliqueiros, os cigarróns, as pantallas, os boteiros, o oso de Salcedo, o loro Ravachol... 
Para saber máis sobre os personaxes do Entroido:
 Imaxe atopada aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.