Centro

viernes, 5 de junio de 2015

II Parada de Xogos Tradicionais

Está a piques de chegar o día da II Parada de Xogos Tradicionais, así que dende aquí queremos felicitar aos organizadores e colaboradores. No blogue Parada Familiar de Xogos Tradicionais San Sadurniño e en Sansa Enreda atoparedes máis información. Coma sempre lembrarvos que na biblioteca podedes atopar fondos sobre xogos e enredos tradicionais, entre eles os imprescindibles libros de Antón Cortizas: Chirlosmirlos (Enciclopedia dos xogos populares) e Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais.
De novo parabéns por tan loable iniciativa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.