Centro

lunes, 30 de junio de 2014

Feliz verán

Queremos desexarvos feliz verán a todos e despedirnos dende o blogue do alumnado de 4º de ESO que nos deixa e con quen compartimos un emotivo acto de fin de curso o pasado martes. Nós querémonos despedir deles e delas, aínda que confiamos en que nos veñan a visitar a miúdo, con dous poemas. Un, "Palabras para Julia" de José Agustín Goytisolo na versión musical de Paco Ibañez (porque xa sabemos que outras versións máis rockeiras sonvos máis coñecidas) e o outro, "Itaca", do poeta grego Konstantinos Kavafis na versión de Lluis Llach. Deixámosvos os dous vídeos e tamén  a primeira estrofa do poema de Kavafis na tradución do grego de Yolanda Vilarchao que podemos atopar no libro Poemas canónicos publicado por Rinoceronte.
Ítaca

Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras, pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns e aos Ciclopes,
ao irado Poseidón non temas:
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta
se mantés o pensamento elevado, se unha 
selecta emoción o teu corpo e o teu espírito ilumina.
Aos Lestrigóns e aos Ciclopes,
ao feroz Poseidón non acharás.
Non, se non é a túa alma a que os alberga;
non, se non é ela a que chos mostra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.