Centro

miércoles, 15 de junio de 2011

Juan Farias (Serantes, 1935-Villaviciosa de Odón, 2011). In memoriam



O escritor Juan Farias, natural de Serantes, faleceu o pasado día 10 de xuño en Villaviciosa de Odón (Madrid).
O escritor, que foi tamén mariño e guionista televisivo, é un dos clásicos da literatura infantil e xuvenil contemporánea. Entre os seus libros figuran: Por tierras de pan llevar, Cuarenta niños y un perro, La infancia de Martín Piñeiro, A la sombra del maestro", Los caminos de la luna, Algunos niños, tres perros y más cosas, etc.
Juan Farias gañou numerosos premios (o Premio Nacional de Literatura Infantil en 1980, o I Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil Ediciones SM, etc.) e varias das súas obras forman parte da Lista de Honor do IBBY e do White Ravens.
A Biblioteca do CEIP de Pazos leva o seu nome e numerosos centros de ensino de Ferrolterra dedicáronlle o pasado Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.